Proxeccións

Proxeccións

VÍA LÁCTEA FILMES, fiel ao seu compromiso de achegar o noso cinema a todos os públicos, ofrece a posibilidade de proxectar a súa última longametraxe, SICIXIA, por toda a xeografía galega como complemento á exitosa estrea do filme en salas de cinema comerciais:
  • Cinema de verán ao aire libre
  • Auditorios
  • Centros de ensino secundario e universidades
  • Entidades culturais
  • Asociacións
  • Etc.
Fórmulas de contratación:
  •  Aluguer de dereitos de comunicación pública para un ou varios pases.
  •  Aluguer de dereitos + equipamento técnico para proxección en espazos medianos e interiores.
  •  Aluguer de dereitos + equipamento técnico para proxección en gran formato ao aire libre.

En todos os casos, Vía Láctea Filmes velará por ofrecer a MÁXIMA CALIDADE TÉCNICA (formato DCP ou blu-ray; equipamento de son e imaxe de primeiro nivel) co fin de que o público poida apreciar como o merece unha obra destas características.

Ademais, a EXPERIENCIA DE CINE pode complementarse con presentacións e coloquios co director, Ignacio Vilar, ou membros dos equipos técnico e artístico, para ofrecer unha experiencia personalizada e contribuír ao achegamento entre a sociedade galega e o noso cinema.

Para máis información

Dossier proxeccións verán 2017 (Descarga)

Contacto
Eva Rivas
Correo electrónico: cinema@vialacteafilmes.gal
Teléfono: 698 142 367