Sinopse
Xiao, enxeñeiro de son, recibe un encargo para gravar os singulares sons de Costa da Morte. Alí coñece a Olalla, unha guía local que recolle algas no océano Atlántico e que lle axudará a mergullarse na idiosincrasia do lugar. A partir de aí, nesa lexendaria Finisterrae, as súas vidas fuxirán ao seu control coma mareas rexidas por unha lei superior.
A PELÍCULA
Sicixia é unha longametraxe de ficción rodada na Costa da Morte, considerada na Antigüedade o punto máis occidental de Europa, Finisterrae, para os romanos.
Sicixia retrata o inigualable patrimonio da Costa da Morte, mesturando ficción e realidade. Cada fotograma bebe en cada secuencia e matiz das xentes e da singularidade desta terra.
O DIRECTOR: Ignacio Vilar
Ignacio Vilar pasou a súa infancia na aldea galega de Castrofolla (Petín de Valdeorras, Ourense). A vida na aldea, a relación coa natureza e as historias escoitadas no fogar espertarán e alimentarán a súa paixón polo cinema. Aos dezaoito anos trasládase a Barcelona, onde funda unha escola de cine. No ano 1989 gaña o Premio Carlos Velo polo guión Ollo Birollo.
Pouco despois regresa a Galicia e funda a produtora Vía Láctea Filmes, na que dirixe longametraxes e curtametraxes en 35 mm e cinema dixital, documentais e series documentais para televisión. A súa anterior longametraxe, A esmorga (2014) marcou un antes e un despois na cinematografía galega, ao bater récords de asistencia ás salas e recibir unha excelente acollida de público e crítica. Foi a primeira longametraxe rodada en galego nominada a un Premio Goya (Mellor Guión Adaptado) e a longametraxe máis premiada na XXa edición de Cinespaña, Toulouse (Francia): Premio Mellor director (ad hoc), Mellor Interpretación Masculina e Mellor Fotografía. Ignacio Vilar recibiu o Premio da Cultura Galega en 2015 polo seu compromiso coa promoción da lingua e cultura galegas. Sicixia é a súa última película.
Filmografía
Sicixia (2016)
A esmorga (2014)
Vilamor (2011)
Pradolongo (2007)
Un bosque de música (2003)
Ilegal (2001)
Máis información en www.vialacteafilmes.gal
Ano: 2016
Duración: 98 min. aprox.
Idioma: V.O. Galego
Calificación ICAA: Non recomendada para menores de 12 anos.
Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.
EQUIPO ARTÍSTICO
Monti Castiñeiras – Xiao
Marta Lado – Olalla
Arantza Villar – Alís
Artur Trillo – Tío de Olalla
Daniel Trillo – Pedro
Tamara Canosa – Doutora
EQUIPO TÉCNICO
Director Ignacio Vilar
Guionista Ignacio Vilar
Produtores Marina Fariñas, Ignacio Vilar
Dir. Fotografía Diego Romero Suárez-Llanos
Foquista "Ricky" Morgade
Sonido Bernat Fortiana
Montador Fernando Alfonsín
Produtora Vía Láctea Filmes